Martes, Abril 28, 2026
HomeNewsActualidadeÉxito no servizo VIDOC do Porriño con máis de 400 renovacións durante...

Éxito no servizo VIDOC do Porriño con máis de 400 renovacións durante o ano

Máis de 400 persoas puideron renovar o seu DNI e pasaporte sen necesidade de desprazarse do Porriño grazas ao Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional que dende fai un ano realiza parada na Praza Antonio Palacios.

Este servizo, dependente da Comisaría de Vigo-Redondela pero con cita previa na Policía Local do Porriño, permite realizar toda a tramitación, tanto do DNI como do pasaporte, no momento e nun único desprazamento grazas á súa capacidade tecnolóxica para a emisión instantánea dos documentos.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou que este tipo de servizos “melloran a calidade de vida da veciñanza e afondan na igualdade de acceso aos recursos públicos, especialmente para as persoas maiores ou con dificultades de mobilidade”.

As persoas interesadas en renovar ou expedir os seus documentos a través desta unidade deben solicitar cita previa nas dependencias da Policía Local do Porriño. O vehículo regresará ao municipio os próximos 18 e 27 de maio.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS