jueves, julio 17, 2025
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza prepara a posta en marcha das súas piscinas e praia...

A Cañiza prepara a posta en marcha das súas piscinas e praia fluvial

O Concello da Cañiza vén de anunciar que o vindeiro martes 1 de xullo abrirán ao público dúas das principais instalacións de lecer de verán do municipio: a Piscina Municipal ao aire libre das Grades e a Praia Fluvial da parroquia de Luneda.

Piscina Municipal das Grades

A piscina permanecerá aberta dende o 1 de xullo ata o 15 de setembro, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. O horario de apertura ao público será de 13 a 15 horas, de luns a domingo. Durante as mañás, de 11 a 13 horas, as instalacións estarán reservadas exclusivamente para os nenos e nenas inscritos nos campamentos municipais de verán.

Os prezos das entradas manteranse sen cambios con respecto a anos anteriores, sendo a entrada xeral para adultos de 1,50 euros e a infantil, de xubilados ou pensionistas de 1,00 euros.

Praia Fluvial de Luneda

Do mesmo xeito, a partir do martes 1 de xullo, tamén estará dispoñible para o uso público a Praia Fluvial de Luneda, situada no lugar da Gonda. Trátase dun espazo natural acondicionado á beira da Regueira do Aceval, afluente do río Deva, cun aforo estimado de 225 persoas. A zona conta con múltiples servizos como merendeiro, asadores e área de xogos infantís.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS