sábado, mayo 24, 2025
InicioNewsActualidadeEstas son as zonas de baño que permite Sanidade en Galicia para...

Estas son as zonas de baño que permite Sanidade en Galicia para o comezo da tempada estival 2025

Diario Oficial de Galicia publica hoxe a lista das augas de baño que formarán parte na tempada 2025 do rexistro da Consellería de Sanidade sobre vixilancia sanitaria das augas de baño de Galicia. A sección I do rexistro contempla o censo oficial que remite os datos ao Ministerio de Sanidade e á Unión Europea. Nel están incluídas máis de 500 zonas de baño, de augas marítimas ou continentais, nas catro provincias.

Segundo indican desde a Xunta de Galicia, «antes de dar comezo á tempada de baño o 1 de xuño, a Dirección Xeral de Saúde Pública está a realizar mostraxes previas ao inicio dos controis regulares durante o mes de maio» e apuntan que «a Xunta destina 180.147 euros cada ano á recollida de mostras das augas de baño. Desde xuño ao 30 de setembro realízanse controis quincenais e as mostras son analizadas no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia que a Consellería de Sanidade ten en Lugo».

Sanidade recolleu en total 10 mostras de cada auga de baño: unha antes do inicio da tempada e as nove restantes ao longo da tempada. O resultado son máis de 500 permitidas, 13 xonas en avaliación e áreas con prohibición permante. É posible consular o listado completo das zonas permitidas para o baño en Galicia para esta temapada 2025 neste enlace.

Novidades nas zonas de baño en Galicia

Así, esta tempada inclúe como novidades a área recreativa de Brocos, no encoro de Portodemouros, no municipio de Agolada, e o río Támega-Tamicelas, en Laza. Por outro lado, a sección II do rexistro recolle 13 zonas de augas de baño en avaliación con vistas a poder ser incluídas no futuro no censo oficial se manteñen unha calidade da auga suficiente. E por último, a sección III do rexistro da Dirección Xeral de Saúde Pública enumera as augas con prohibición permanente do baño.

Tal e como indican desde a administración autonómica, Galicia é a comunidade con máis praias censadas de toda España, cun 24,7 % do total e conta cunha porcentaxe maior de augas de baño de calidade excelente que o conxunto de España e da Unión Europea.

Tal e como se informou no Consello da Xunta deste luns, cos datos relativos á tempada 2024, en Galicia un 90,4 % das augas analizadas oficialmente, marítimas e continentais, obtiveron a cualificación de excelente, fronte ao 87,6 % da media nacional e ao 85,1 % da Unión Europea.

Ademais, a Comunidade galega tamén obtivo a menor porcentaxe de augas de calidade insuficiente. Mentres que en Galicia a cifra foi do 1 %, a media do Estado é do 1,7 % e na Unión Europea, do 1,6 %.

A vixilancia realizada pola Consellería de Sanidade é importante porque «o uso recreativo das augas de baño pode ter perigos e riscos para a saúde. A contaminación bacteriana pode provocar gastroenterite ou enfermidades respiratorias nas persoas que se bañen en augas contaminadas. Aínda que estas enfermidades raramente son graves, o número de persoas expostas pode ser elevado debido á importante afluencia que rexistran praias, ríos ou lagoas».

Zonas con prohibición do baño en Galicia 2025

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS