jueves, mayo 8, 2025
InicioO PaísA CoruñaGalicia contará este verán con 108 praias con bandeira azul

Galicia contará este verán con 108 praias con bandeira azul

Galicia terá este ano un total de 108 praias en 35 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Desde xeito, Galicia concentra case unha de cada seis bandeiras concedidas en España (642) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 143) e Andalucía (138).

Dos 108 areais galegos galardoados na presente edición, cómpre subliñar que O Mende,
en Vigo, recibe este distintivo por primeira vez. Ademais, outros dous —Grande, en Miño, e San Francisco, en Muros— recuperan este ano a bandeira que non luciron en 2024.

Así mesmo, ADEAC tamén deu a coñecer a relación de portos deportivos nos que ondeará a bandeira azul. Das 101 instalacións recoñecidas no conxunto do país, 12 están en Galicia, unha máis que na pasada edición, xa que entra na listaxe o Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo), un porto que, ademais, se estrea entre os galardoados.

De igual xeito e aínda que neste caso non lucirán bandeira como tal, ADEAC recoñeceu un
ano máis o labor dos chamados centros azuis, categoría na que se engloban aulas de natureza e de mar, centros de recepción de visitantes e instalacións similares dedicadas á educación ambiental en municipios relacionados co programa Bandeira Azul.

Dos 92 centros azuis que haberá este ano en todo o país, 17 están en Galicia, que é a segunda comunidade con máis distincións neste eido, só por detrás de Valencia, con 23.

Neste apartado, destaca a incorporación do Museo-Centro de interpretación Mar do Sorrizo, en Arteixo, e do visor submarino Nautilus, localizado nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo, xa que se estrean en ambos casos como centros azuis.

Os criterios esixidos por ADEAC para a concesión da bandeira azul nas praias e portos están relacionados coa calidade das augas, a seguridade e a accesibilidade, a dotación de servizos e a xestión ambiental e a sustentabilidade.

Pola súa banda, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.

Praias con bandeira azul en Galicia

PROVINCIA DA CORUÑA

Concello da Coruña

  • As Lapas
  • Orzán-Matadero
  • Oza
  • Riazor
  • San Amaro

Concello da Laracha

  • Caión

Concello da Pobra do Caramiñal

  • Lombiña-Cabío

Concello de Arteixo

  • A Salsa (Repibelo)
  • Barrañán
  • Combouzas
  • Porto de Suevos
  • Sabón
  • Valcovo

Concello das Pontes de García Rodríguez

  • Lago das Pontes

Concello de Bergondo

  • Gandarío

Concello de Camarñas

  • Arou

Concello de Carballo

  • Pedra do Sal
  • Razo
  • Saíñas

Concello de Dumbría

  • O Ézaro

Concello de Ferrol

  • A Fragata-O Pareixal
  • Caranza
  • Doniños
  • Esmelle
  • San Xurxo

Concello de Laxe

  • Laxe

Concello de Malpica de Bergantiños

  • Area Maior
  • A Ribeira

Concello de Miño

  • Grande
  • Perbes-Andahío

Concello de Muros

  • San Francisco

Concello de Oleiros

  • Bastiagueiro
  • Espiñeiro
  • Mera
  • Naval
  • Santa Cristina

Concello de Ponteceso

  • A Ermida
  • Balarés
  • O Osmo

PROVINCIA DE LUGO

Concello de Barreiros

  • Coto
  • Fontela Valea

Concello de Burela

  • A Marosa

Concello de Cervo

  • O Portelo
  • O Tomo

Concello de Foz

  • A Rapadoira
  • Areoura
  • As Polas
  • Llás
  • Peizás

Concello do Vicedo

  • Abrela
  • Xilloi

Concello de Ribadeo

  • As Catedrais
  • Os Castros-Illas

Concello de Viveiro

  • Area

Concello de Xove

  • Esteiro

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Concello da Guarda

  • Area Grande
  • O Muíño

Concello da Illa de Arousa

  • Area da Secada
  • Bao (Camaxe)

Concello de Baiona

  • Barbeira
  • Concheira
  • Frades
  • Ladeira
  • Ribeira
  • Santa Marta

Concello de Bueu

  • Area de Bon
  • Lagos
  • Lapamán

Concello de Marín

  • Portocelo

Concello de Moaña

  • Portomaior
  • Aguete
  • Mogor
  • Portocelo
  • Santo do Mar-A Coviña
  • O Con

Concello de Poio

  • Cabeceira
  • Xiorto

Concello de Ponte Caldelas

  • A Calzada (praia fluvial)

Concello de Sanxenxo

  • A Lapa
  • Agra
  • Areas
  • Areas Gordas
  • Baltar
  • Bascuas
  • Canelas
  • Caneliñas
  • Foxos
  • Major
  • Montalvo
  • Nosa Señora da Lanzada
  • O Espiñeiro
  • Panadeira
  • Paxariñas
  • Pragueira
  • Silgar

Concello de Vigo

  • Argazada
  • A Fontaíña
  • A Punta
  • Canido
  • Carril
  • Fortiñón
  • O Adro
  • O Mende *
  • O Vao
  • Rodas (Illas Cíes)
  • Santa Baia
  • Tombo do Gato

Concello de Vilagarcía de Arousa

  • Campanario
  • Compostela
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS