O aparcamento da rúa Sarmiento Rivera, en Ponteareas, acollerá o vindeiro venres 16 de maio a celebración do Festival Bailotea.
O festival, ao igual que en pasadas edicións, será de acceso libre e gratuíto. Polo de agora, a organización vén de desvelar os artistas que formarán parte do cartel desta nova edición.
Así, na véspera de festivo das Letras Galegas 2025 o público poderá desfrutar dos DJs Alex Martini, Groove Amigos, Joana River, DMiron, Muíños, Diego Mei, DJ Vaque con Denis el Remix.
Final DJ do Talento Xove
Ademais, durante a celebración do festival terá lugar a final en directo da categoría de DJ do concurso Talento Xove.
Así, esta modalidade súmase á listaxe das disciplinas do concurso Talento Xove con final en directo. A final de cociña tivo lugar o pasado 25 de abril, a final de danza terá lugar o 10 de maio e a final de música o 23 de maio.
