Venres, Febreiro 20, 2026
HomeNewsActualidadeSexta confirmación para os concertos de Castrelos: Rozalen actuará no auditorio vigués...

Sexta confirmación para os concertos de Castrelos: Rozalen actuará no auditorio vigués este verán

A artista albacetense Rozalén actuará no Auditorio de Castrelos o vindeiro xoves 24 de xullo, véspera de festivo na comunidade galega. Así o vén de confirmar o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen asegurou que será “unha actuación emblemática e extraordinaria”.

A cantautora chegará ao auditorio vigués para presentar o seu ultimo álbum “El abrazo” ademais de interpretar outros temas recoñecizos no panorama español como “La Puerta Violeta“, “Vivir” o “Girasoles“.

Así, esta é a sexta confirmación para os concertos do verán no Auditorio de Castrelos. Rozalen súmase ás confirmacións de Ana Belén, Gente de Zona, Vanesa Martín, India Martínez e a Ópera La Traviata.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS