sábado, diciembre 6, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsActualidadeOs montes de Salceda serán os protagonistas da carreira de obstáculos 'Carreira...

Os montes de Salceda serán os protagonistas da carreira de obstáculos ‘Carreira Xtrema A Feira’

Os montes comunais da parroquia de Santa María en Salceda de Caselas converteranse nos protagonistas da carreira de obstáculos ‘Carreira Xtrema de A Feira’ organizada pola Asociación Xuvenil do Entroido da Feira.

A proba terá lugar o domingo 16 de febreiro e consistirá nunha carreira de obstáculos de 8 quilómetros de percorrido circular con salida e meta no Parque dos Agoeiros.

O evento comezará ás 11:00h e a saída da proba realizarase en 14 quendas de 25 atletas, que se asignarán por orde de inscrición.

As inscricións, para maiores de 18 anos, están abertas a un prezo de 20 euros ata o 7 de febreiro, e de 25 euros do 8 ao 13 de febreiro. Ademais, poderán realizarse a través da páxina web.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS