sábado, febrero 15, 2025
InicioNewsActualidadeAs Neves vivirá a súa apocalipse zombi nun 'real game'

As Neves vivirá a súa apocalipse zombi nun ‘real game’

O Concello das Neves, concretamente a parroquia de Cerdeira, converterase no escenario perfecto para vivir unha apocalipse zombi a través do xogo inmersivo ‘Survival Zombie Cerdeira’ o vindeiro 29 de marzo.

O evento está organizado por WRG World Real Games coa colaboración e implicación da asociación local A.C. Carballo da Chan. A actividade terá unha duración de 6 horas e dará comezo ás 22:00 horas extendéndose ata as 4:00 da madrugada.

Durante a duración do xogo, «a adrenalina e a diversión estarán aseguradas» afirma a organización. «Corre, escóndete, consegue información, axuda e, por riba de todo, intenta sobrevivir.» informan na súa páxina web. Ademais, «se es atrapado e devorado polos zombis, pasarás ao bando contrario e poderás ser ti o cazador».

As entradas están á venda na páxina web do evento e a participación pode realizarse por grupo ou de forma individual.

Dende o Concello das Neves animan a «participar neste evento único e vivir unha noite de medo, adrenalina e diversión onde o participante será o gran protagonista».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS