sábado, febrero 15, 2025
InicioComarcasÁrea de VigoO RC Celta de Vigo enche de ilusión o Hospital Álvaro Cunqueiro

O RC Celta de Vigo enche de ilusión o Hospital Álvaro Cunqueiro

O RC Celta e a súa Fundación viviron hoxe a xornada máis emocionante do ano, a tradicional visita do Nadal á planta de Pediatría e Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro. O persoal do primeiro equipo, o corpo técnico e outros membros da entidade celeste achegáronse este mediodía ao hospital vigués. Nesta accións levaron a cabo a entrega de varios agasallos do Nadal aos nenos, que responderon cunha gran ilusión.

Os xogadores tamén percorreron as habitacións dos pequenos para asinar autógrafos e entregarlles os diferentes detalles. Este emotivo xesto é, ano tras ano, un dos momentos máis significativos da tempada para o club e a Fundación Celta. Un intre no que a felicidade e o sorriso dos nenos hospitalizados convértense no mellor agasallo para o RC Celta durante estas datas tan especiais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS