sábado, febrero 15, 2025
InicioNewsComarcasO Porriño ofrecerá unha charla informativa sobre a limpeza de fincas

O Porriño ofrecerá unha charla informativa sobre a limpeza de fincas

O Concello do Porriño, en colaboración co Servizo Agrario Galego (Seaga), organiza unha charla informativa sobre a limpeza de fincas. Será sobre as situadas na franxa secundaria, arredor de vivendas ou núcleos de poboación, para a prevención de incendios forestais. Terá lugar o 17 de decembro, ás 17.00 horas, no Centro Cultural Municipal. Así mesmo, participará personal técnico e directivo da sociedade autonómica.

O Seaga inspeccionou máis de 10.000 parcelas no municipio, detectando que aproximadamente o 50% deben someterse a unha limpeza total ou parcial. As notificacións comezarán a chegar aos propietarios nas próximas semanas. Tras esta alerta, terán un prazo de 15 días naturais para cumprir coas súas obrigas de xestión da biomasa.

No aviso advírtese de que o incumprimento pode conlevar multas reiteradas cada 3 meses por unha contía de 900 euros por hectárea, ou o proporcional no caso de ser unha parcela de menor superficie. Tamén a execución subsidiaria por parte do Concello co correspondente cargo de gasto ao propietario.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS