lunes, marzo 24, 2025
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza presenta as propostas de acondicionamento viais á veciñanza

A Cañiza presenta as propostas de acondicionamento viais á veciñanza

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou á ciudadanía os proxectos xunto coa arquitecta Silvia González, o enxeñeiro Eduardo Cancela e os seus respectivos equipos. Os veciños do lugar dos Bueixos e da rúa Rosalía de Castro puideron coñecer de primeira man estas actuacións viais.

«Dende o Concello queremos contar coas opinións dos veciños neste proxecto, que afectará á rúa Rosalía de Castro. Será dende o entronque coa rúa Antonio Facorro ata a conexión coa rúa Otero Pedraio, en II fases que tentarán acondicionar esta rúa e consolidar os camiños da súa contorna. Tamén no caso do acondicionamento dos camiños do núcleo dos Bueixos. O Concello quere contar coas suxerencias, aportacións e opinións da veciñanza«, segundo indicou o alcalde.

Nesta liña, Luis Piña informou que “todos os veciños que desexen coñecer de primeira man as propostas poderán achegarse ata o Concello e solicitar a súa consulta.” En sendas convocatorias celebradas no Salón de Plenos o pasado 5 de decembro, ás 18.00 e 20.00 horas. Os enxeñeiros presentaron as propostas iniciais que forman parte das actuacións subvencionadas a través da «Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público».

Propostas de acondicionamento

A proposta de mellora para os viais dos Bueixos contempla a humanización dos caminos do núcleo con pavimentación de adoquín de granito e formigón desactivado. Así mesmo, introducción de mobiliario urbano, árbores, iluminación e o soterramento das instalacións eléctrica e de telefonía.

A proposta da Pasarela que conecta os Bueixos co núcleo urbano contempla unhas actuacións que pretenden dar continuidade a un itinerario peonil desde Os Bueixos ao centro da Cañiza. Isto coa formalización dun sendeiro de formigón desactivado incorporando alumbrado e bancos. Tamén se intervén no camino do lavadoiro para convertilo nun lugar coidado, iluminado e seguro.

Por último, a reforma da Rosalía de Castro pretende transformar esta rúa nun espazo de convivencia en plataforma compartida. Será a través de beirarrúas de lousa de granito de 2,50 metros de ancho nas dúas marxes. Ademais, calzada de formigón desactivado e banda verde intermedia con árbores, mobiliario urbano e zonas de estacionamento pavimentadas en adoquín céspede.

Cumplimento do decálogo da Rede «Ágora»

Esta iniciativa da Deputación de Pontevedra ten por obxectivo valorizar os espazos públicos e aumentar o espazo reservado ás persoas, itinerarios peatonáis e ciclables. Isto cumplindo cun decálogo de principios: O espazo público é un dereito, as persoas primeiro, mobilidade inclusiva, sostible e alternativa, autonomía infantil, espazos seguros, amables e de calidade, hábitat saudable e actividade económica de proximidade. Está integrada pola Deputación de Pontevedra e 54 Concellos da Provincia, entre eles A Cañiza.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS