viernes, diciembre 6, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas presenta na Feira das Culturas Galegas a primeira experiencia de Artistea

Ponteareas presenta na Feira das Culturas Galegas a primeira experiencia de Artistea

Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, deu o pistoletazo de saída a unha nova edición en Santiago de Compostela. Trátase dun lugar de encontro entre os públicos e artistas así como entre profesionais e institucións co obxectivo de poñer en contacto a creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións. Entre as propostas que se atopan neste 2024, o público poderá asistir á presentación de «Artistea, o fogar das artes no sur de Galicia», a residencia de artistas de Ponteareas, a primeira de titularidade municipal e 100% pública.

Esta nova edición de Culturgal deu comezo pola mañá cun acto de apertura e continuou co ciclo de performances «Neodoctrinas», comisariado por Lupercais Arte. Durante esta xornada, tamén tivo lugar un programa educativo que formenta a vocación científica desde os 4 ata os 16 anos e un musical infantil, entre outras actividades.

Será ás 20:00 horas cando o Concello de Ponteareas presente Artistea, «o fogar das artes no sur de Galicia». No acto, a directora da primeira edición, Laura Porto, xunto coa concelleira Silvia Fernández, falarán sobre «a Residencia de artistas d ePonteareas, a prieira de titulariedade municipal e 100% pública».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS