martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsA RaiaA Festa do Espumante chega a Melgaço os días 22, 23 e...

A Festa do Espumante chega a Melgaço os días 22, 23 e 24 de novembro

O municipio luso de Melgaço acolle esta fin de semana a Festa do Espumante 2024, unha festividade que ten por obxectivo destacar os mellores viños espumosos da sub-rexión de Monçao e Melgaço, así como os produtos gastronómicos propios do lugar.

O evento terá lugar os días 22, 23 e 24 de novembro e contará coa participación de 16 produtores de espumoso, nove de produtos locais e dous restaurantes.

A festa dará comezo o venres 22 de novembro ás 11:00h e durante toda a fin de semana haberá charlas, coloquios, catas comentadas, showcookings e moita música. Ademais, a entrada é de balde, sendo o custe da copa 3,5 euros para poder degustar os viños.

O horario de apertura será o mesmo tanto para o venres 22 como o sábado 23, de 11:00h a 3:00h. Por outra banda, o domingo 24, día no que conclúe o evento, o horario de apertura será o mesmo mais a festa rematará ás 20:00h.

«A Festa do Espumante promete unha experiencia inesquecible, celebrando a identidade desta sub-rexion» asegura Manoel Batista, presidente da Camara de Melgaço.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS