martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeBombeiros do Consorcio Provincial de Ourense regresan de Valencia tras sete días...

Bombeiros do Consorcio Provincial de Ourense regresan de Valencia tras sete días de labores de colaboración

Seis efectivos dos parques de bombeiros de Carballiño-O Ribeiro e Verín volven a Ourense tras sete días de traballo nas poboacións afectadas pola DINA en Valencia.

A Deputación de Ourense, a través do Consorcio Provincial e coordinados en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), enviou dúas dotacións de seis profesionais, con amplos equipos: dous vehículos 4×4, equipos de iluminación autónomos, equipos de excarcelación, electrobombas de achique, materiais para uso limpeza viaria ou equipos de protección individual.

«A segunda saída prevista doutros dous equipos dos parques comarcais ourensás queda desactivada polo de agora» segundo informa a Deputación de Ourense, xa que «tras varias reunións mantidas cos responsables de coordinación e as autoridades de Valencia, afirman que o traballo especializado dos bombeiros xa é puntual, debido á gran cantidade de maquinaria na zona.

Os labores de colaboración realizadas polos bombeiros ourensáns centráronse nas primeiras xornadas no achique de auga en casas, garaxes ou rúas afectadas. De igual forma, colaboraron tamén con outras tarefas como a limpeza con palas cargadoras e a retirada de enseres nas vivendas de veciños moi afectados pola DINA, especialmente en zonas de difícil acceso.

Do mesmo xeito, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reitera a «plena disposición de axuda, en caso de volver precisar de recursos do goberno provincial, para colaborar cos afectados pola DINA e lembra a importancia da coordinación de equipos e profesionais a través dos procedementos adecuados«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS