martes, diciembre 3, 2024
InicioO PaísA CoruñaO sindicato CCOO suspende a folga no transporte por estrada

O sindicato CCOO suspende a folga no transporte por estrada

O sindicato Comisións Obreiras suspende a xornada de folga prevista para o 11 de novembro nos sectores de transporte de viaxeiros por estrada en autobús e grúas autopropulsadas.

O motivo desta decisión é froito das inundacións sufridas en distintos territorios do país e as graves consecuencias provocadas pola DINA para a poboación, a mobilidade e as insfraestruturas. Dende CCOO aseguran «que os servizos de transporte de viaxeiros por estrada en autobús e de grúas autopropulsadas son esenciais nestes momentos«.

Do mesmo xeito, o sindicato CCOO, xunto cos sindicatos UXT e USO ten convocada para o venres 8 de novembro ás 12:00h unha Concentración en Solidariedade coas vítimas da DINA en todos os concellos e centros de traballo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS