Continúan chegando testemuñas desde Valencia dos efectivos que envían os Concellos co obxectivo de axudar nas tarefas de reconstrución das zonas afectadas pola DANA. Un deles é o de Iván López, bombeiro na base de Ourense, quen explica en Si Radio que “é un escenario inimaxinable, son quilómetros e quilómetros de barro que parece non acabarse nunca“.
Neste contexto, López indica que “non teño claro como se pode reconstruir todo isto de aquí a un ano” e pregúntase “que pasará cando a xente se esqueza disto?”.
Escoita a entrevista completa co bombeiro Iván López, quen se atopa traballando no municipio de Paiporta.

