martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeRexistrados dous terremotos na provincia de Pontevedra en menos de 24 horas

Rexistrados dous terremotos na provincia de Pontevedra en menos de 24 horas

O Instituto Geográfico Nacional (IGN) rexistrou esta mesma mañá un movemento sísmico de intensidade leve con epicentro en Forcarei.

O terremoto tivo lugar este mércores 6 de novembro en torno ás 7:56 horas no municipio de Forcarei. O seu epicentro estivo a uns «catro quilómetros de profundidade e a súa intensidade foi de 2,9 mbLg» segundo informa o IGN. Deste xeito, o movemento foi sentido en localidades como A Estrada, Moraña, Silleda, Cuntis ou Pontevedra.

Por outra banda, ás 15:25 horas do pasado martes 5 de novembro foi rexistrado outro temblor con epicentro a «15 quilómetros de produndidade e unha magnitude de 2,4 mbLg» no concello de A Lama.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS