martes, noviembre 12, 2024
InicioNewsA RaiaA Feira dos Santos de Cerdal chega esta fin de semana a...

A Feira dos Santos de Cerdal chega esta fin de semana a Valença con tres días de duración e 400 postos

O municipio de Valença do Minho acollerá os días 1, 2 e 3 de novembro a Feira Anual dos Santos de Cerdal que este ano contará cun día máis de duración ao coincidir co domingo. Deste xeito, os visitantes poderán pasear entre os seus 400 postos durante toda a fin de semana e gozar desta feira calificada como Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Portugal dende o ano 2022.

A feira, que ten máis de tres séculos de historia, conta con máis de 400 postos nos que dende a Camara Municipal de Valença aseguran que «se vende un pouco de todo«. Hai postos de roupa e calzado, textís para o fogar , louza, utensilios agrícolas, gando bovino, caprino e ovino, produtos de campo ou maquinaria agrícola, entre outras cuestións. O evento supón un achegamento á historia e á tradición do noroeste peninsular.

O Día de Todos os Santos, o 1 de novembro, é o día principal da feira. Pola súa banda, día 2 de novembro está históricamente destinado á «Feira das Trocas«, onde se mantén a tradición de cambiar os produtos adquiridos no día anterior que non sirvan. Este ano ademais, o día 3 poderase acceder de novo á feira e gozar dos seus postos.

Dende a Camara Municipal de Valença recollen que «segundo manda a tradición, as noites do 31 de outubro e 1 de novembro, é preciso probar os viños novos e saborear os petiscos locais como os rojões, as moelas e as bifanas ao son da musica nas tascas tradicionais».

Ademais dos postos, o mercado tamén conta con Pista de Carreira de Cabalos, que terán lugar o día 1 a partir das 15:00h. Os xinetes que queiran participar poden inscribirse no mesmo lugar antes do inicio da proba.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS