martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasMos instala os primeiros refuxios para colonias felinas

Mos instala os primeiros refuxios para colonias felinas

Estes novos hogares son elementos reciclados a partir dos antigos contedores iglú para vidro que están reconvertidos en casiñas felinas e foron decorados por grafiteiros

Mos avanza no Plan Ghatiñ@s e instala os primeiros refuxios para colonias felinas de gatos rueiros. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a voluntaria coidadora da colonia felina de Pereiras, Merchi Domínguez Ledo, visitaron un dos tres primeiros refuxios de colonias felinas. Tamén estiveron o edil da parroquia de Pereiras, Leo Costas, e a concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, que se achegaron ata estes hogares na contorna da Igrexa de Pereiras.

Ademais, o departamento municipal de Medio Ambiente vén de recibir a notificación dunha subvención de 7.552,27 euros. Esta cantidade está incluída no Plan de Axudas a Entidades Locais destinadas a mellorar e impulsar o control poboacional de colonias felinas. O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 proporcionou esta axuda ao Concello que se destinará a promocionar, impulsar e implementar esta campaña denominada Ghatiñ@s Mos.

Os refuxios para gatos rueiros son elementos reciclados. Trátanse dos antigos modelos de contedor iglú para desbotar o vidro, reconvertidos en casiñas felinas. Así mesmo, son elementos moi artísticos que se decoraron coa técnica do grafiti por artistas rueiros. O visitado por Arévalo e Méndez está protagonizado polo emblema municipal, a rosa de Mos, e polo personaxe felino Garfield.

Outros apoios do Plan Ghatiñ@s

Ademais desta axuda nacional, o Plan Ghatiñ@s Mos está dotado de fondos propios municipais. Tamén conta con apoio provincial coa a adhesión mediante convenio ao CAAN da Deputación de Pontevedra (Centro de Acollida e Protección de Animais da Armenteira). Mediante o convenio establécese un protocolo de actuación para a esterilización de gatos comunitarios; sempre segundo o establecido na Lei de protección dos dereitos e do benestar dos animais. A posta en marcha deste Plan surxiu da demanda veciñal e da detección da proliferación de colonias felinas de gatos rueiros.

O Concello mosense, estreou o servizo provincial de esterilización do CAAN da Deputación e xa esterilizou dúas quendas de gatos rueiros grazas e el. En total, esterilizaranse un total de 78 gatos dentro do Plan Municipal de Control e Xestión de Colonias Felinas Ghatiñ@s. Así mesmo, o goberno local foi o primeiro que fixo uso deste servizo provincial de esterilización de gatos procedentes de colonias felinas legalmente establecidas. Deste modo, Mos decidiu iniciar o proceso de castración e solta dentro do seu Plan Ghatiñ@s.

Plan Municipal de Control e Xestión de Colonias Felinas

A posta en marcha deste Plan Municipal de Control e Xestión de Colonias Felinas vai dirixida ás comunidades de gatos que viven na rúa co fin da súa protección e control poboacional. Os gatos integrantes destas colonias deberán ser capturados para a súa marcaxe esterilización e control sanitario.

Xa foron detectadas ata o momento alomenos 8 colonias felinas: 3 en Sanguiñeda, 1 en Petelos, 1 en Tameiga, 1 en Louredo, 1 en Pereiras e 1 en Mos. Por iso é preciso que o Concello conte cun programa de xestión de colonias que estandarice os traballos e metodoloxías empregados. O obxectivo é controlar a poboación das colonias urbanas felinas e manter a súa saúde, optimizando os recursos e os medios necesarios.

A alcaldesa e a edil de Medio Ambiente, Laura Méndez, declararon que “é apremiante a necesidade por parte do Concello de controlar a poboación das colonias de gatos que viven na rúa. Debido aos conseguintes problemas medioambientais e de salubridade que ocasionan como cheiros, suxedade, e presencia de plagas por todo o municipio”. Explicaron que “así mesmo este plan será reforzado con campañas de concienciación e prevención dirixidas á poboación”.

Voluntariado nas colonias

O Concello de Mos conta con voluntariado que actúe como xestor das colonias mosenses existentes que suman un total de 106 gatos rueiros rexistrados nun censo. Os voluntarios forman parte de plans de formación e sensibilización para poder realizar as tarefas propias de xestores de colonias. Tales coma participar nos labores de coidado, desparasitación, alimentación e recollida e transporte para a esterilización, entre outras.

Establécese para elo formación específica, así como se creará un sistema de identificación das persoas voluntarias mediante un documento identificativo de xestor de colonias. A persoa voluntaria establécese como axente intermediador entre o Concello e os veciños. Ademais, resolverán os conflitos que puideran xerar as colonias felinas á unidade coordinadora da que forma parte a concelleira responsable do proxecto.

Para poder financiar estes programas de formación para o voluntariado desde a concellería mosense de Medio Ambiente solicitouse a subvención á «Subsecretaría de Derechos Sociales y agenda 2030». Esta axuda está dentro da liña de «Subvenciones a entidades locales destinadas a mejorar e impulsar el control poblacional de colonias felinas, correspondientes al año 2024». Así mesmo, a cantidade asciende a máis de 7.000 euros que vén de ser concedida.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS