sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas celebra unha nova edición de Pinchotea desde o 24 de outubro...

Ponteareas celebra unha nova edición de Pinchotea desde o 24 de outubro con varias novedades

A Concellería de Comercio pon en marcha a segunda edición de ‘PinchoTea’, a ruta de ‘pinchos’ que ten como obxectivo dinamizar a hostalería de Ponteareas, que se celebrará dende o 24 de outubro ao 10 de novembro.

Nesta edición, establécense dúas categorías no concurso. A primeira delas será ‘Cociña en miniatura’, que será un prato que conteña unha receita de cociña elaborada (salsa, presentación, etc.) e na que se utilizarán dúas ou máis técnicas culinarias (salteado, asado, frito, pochado, gratinado, etc.) e presentada para consumir con cuberto. A segunda categoría será o ‘Pincho Taverneiro’, que será a combinación equilibrada en sabor e estética de varias porcións de comida (sobre unha rebanda de pan) que poida ser consumida en tres ou catro bocados. Un mesmo local poderá participar nas dúas categorías.

Como participar?

Os establecementos hostaleiros que queiran participar deberán enviar un correo electrónico a comercio@ponteareas.gal co asunto ‘INSCRICIÓN PINCHOTEA’, no que se indique o nome do establecemento, teléfono e persoa de contacto ou chamando á Concellería de Comercio no 673 855 422. Os interesados poden inscribirse desde hoxe mesmo e ata o próximo 15 de outubro.

O concelleiro de Comercio Ricardo González explicou que “o ano pasado participaron
dez establecementos. Dende aquí quero animar a que nesta edición superemos esa
cifra
e demostremos aos nosos veciños, veciñas e aos visitantes a calidade e bo facer da gastronomía ponteareana a través das tapas e pinchos. Estou seguro de que nos
volverán a sorprender coas mellores creacións”.

Os interesados poden consultar as bases reguladoras ao completo premendo aquí.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS