viernes, diciembre 6, 2024
InicioNewsComarcasO VII Trofeo Ciclocrós Avanza Concello do Porriño dispútase este sábado

O VII Trofeo Ciclocrós Avanza Concello do Porriño dispútase este sábado

A proba organizada pola AD Avanza coa colaboración do Concello dará comezo ás 11.00 horas na pista municipal de atletismo

Este sábado, 12 de outubro, a pista de atletismo do Porriño converterase de novo no epicentro do ciclismo de montaña coa celebración do VII Trofeo Ciclocrós Avanza Concello do Porriño. A competición dará comezo ás 11.00 horas e promete emoción asegurada para participantes e espectadores.

Organizado pola AD Avanza en colaboración co Concello do Porriño, este trofeo é puntuable para a Copa Galicia 2025 de Ciclocrós, o que garante un alto nivel de competencia. Coa inscrición aberta ata o 10 de outubro ás 15.00 horas espérase superar os 200 participantes nesta edición. Este trofeo contará cun total de 19 categorías, incluíndo infantís, cadetes, junior, Sub 23, elite e varias categorías de máster, tanto masculino como feminino.

As mangas disputaranse co comezo ás 11.00 horas das categorías Cadetes e Infantís masculino. A continuación, ás 11.45 será o turno das mulleres Élite e Sub 23, Junior, Cadete, Máster e Infantís. A partir das 12.45 horas terá lugar Elite, Sub 23 e Junior. Por último, ás 14.30 horas será Máster 50/60 e Máster 30 e ás 15.30 horas Máster 30.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, expresou o seu entusiasmo, destacando a importancia de fomentar o deporte con eventos desta magnitude e agradecendo ao club organizador, AD Avanza, pola súa dedicación e esforzo na realización desta proba. «É unha honra para nós acoller este evento que non só promove o ciclismo, senón que tamén nos une ao redor dunha paixón compartida por moitos no Porriño, o ciclismo», comentou o alcalde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS