sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasÉxito de participación na primeira convocatoria das Residencias Artistea de Ponteareas

Éxito de participación na primeira convocatoria das Residencias Artistea de Ponteareas

A Residencia péchase cunha vintena de proxectos presentados e terá lugar entre o 11 e o 17 de novembro, no edificio que Artistea comparte coa UNED na Praza Maior

O programa de residencias artísticas Artistea pechou a súa primeira convocatoria cun éxito rotundo, téndose presentado máis de 20 candidaturas para este programa. Recibíronse proxectos de poesía, música, performance e formas híbridas, que nos próximos días serán avaliados polo comité de selección. Tras a análise, darán a coñecer neste mes a listaxe provisional de persoas seleccionadas, así como a lista de suplentes.

A Residencia Artistea encherá de vida a Praza Maior e contorna “ao atraer novos talentos, pero tamén recoñecidos creadores que coñecerán a historia e sinais de identidade da nosa vila e deixarán as súas creacións. Tamén compartirán coñecementos e establecerán unha relación social e profesional con creadores locais e coa cidadanía en xeral”, explica a alcaldesa, Nava Castro.

Artistea

A Residencia Artistea de Artes e Pensamento é unha iniciativa pública financiada polo Concello de Ponteareas. O seu obxectivo é fortalecer o tecido social e cultural de vila, enriquecer a comunidade e contribuír a aumentar o corpus de creación e coñecemento sobre a vila e o seu patrimonio material e inmaterial.

As persoas seleccionadas terán acceso entre o 11 e o 17 de novembro a aloxamento con pensión completa no edificio da Residencia, así como unha masterclass coa poeta escénica e música, premio Martín Códax da Música, Lucía Aldao. Tamén poderán desfrutar de
espazos de traballo adecuados ás necesidades das súas disciplinas, seguimento e acompañamento diario dos traballos.

Haberá un máximo de 8 persoas seleccionadas, con 2 prazas que se reservarán con preferencia. Unha delas será para persoas con diversidade funcional motora, psíquica ou
sensorial debidamente acreditada e outra para persoas residentes na comarca do Condado.

Residencias artísticas

As residencias artísticas son programas culturais que implican unha colaboración entre artistas e organizacións anfitrioas, institucións ou comunidades. Comezaron a popularizarse a partires de 1960, e desde 2010 son unha parte fundamental para o impulso das carreiras artísticas de creadoras e creadores en todo o mundo. Estes programas ofrecen aos e ás artistas espazo e recursos para apoiar a súapráctica artística, lonxe das rutinas e restricións da súa vida cotiá.

Ao vincular a práctica das artes e o pensamento cunha localidade concreta, a comunidade que recibe aos artistas e pensadores vése fortalecida. Diferentes estudos demostran que, nas comunidades nas que se insire unha residencia artística, percíbese un aumento dasensibilidade cara ás artes, así coma da cohesión social, o coidado e a creatividade.

A Residencia Artistea é pioneira no territorio pola súa titularidade 100% pública, que inclúe a restauración dun edificio propio con taller de artes plásticas, espazo degravación e sala de ensaio, así como polo seu carácter inclusivo e con vontade integradora entre as artes e a comunidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS