sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas inaugura a aula de Areas do CRA A Picaraña tras as...

Ponteareas inaugura a aula de Areas do CRA A Picaraña tras as obras

Os traballos consistiron na substitución do tellado e de toda a estrutura, instalación dunha carpintería completa de aluminio e obras de mantemento exterior

A alcaldesa do Concello de Ponteareas, Nava Castr,o e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, visitaron a aula de Areas do CRA A Picaraña para inaugurala despois das obras realizadas durante os últimos meses. Neste espazo realizáronse obras de eficiencia enerxética co cambio de todas as ventás e portas que permiten maior eficiencia térmica e acústica. Ademais, substituíuse o tellado e toda a súa estrutura, que estaban moi danados e filtraba auga provocando goteiras no interior.

O concelleiro detallou que “esta aula tiña grandes deficiencias e as familias levaban varios anos demandando o seu arranxo por iso intervimos o máis rápido posible. Dende o Concello tomamos a decisión de buscar a solución máis inmediata, pero tamén máis efectiva para asegurar o benestar do alumnado. A intervención similar realizada neste espazo é similar á que se fixo na aula de Pías co cambio de tellado”. O concelleiro engade que na aula de Areas tamén se realizaron obras de mantemento básico de exteriores. As aulas foron pintadas e houbo un acondicionamento das zonas de xogo dos pequenos, para telo a punto neste inicio de curso.

A alcaldesa sinalou que “o obxectivo era buscar unha mellora eficiente para que os rapaces se sintan o máis cómodos posibles nas aulas, xa que é unha parte importante no seu día a día. E conseguímolo. Ter aulas como as do CRA A Picaraña é un luxo para a educación dos nenos, por iso queremos seguir manténdoas, pero coa comodidade e calidade que merecen”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS