sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeO Porriño celebrará o día Internacional do Turismo o 5 de outubro

O Porriño celebrará o día Internacional do Turismo o 5 de outubro

A data coincide tamén co Día do Peregrino

A vila do Louro está inmersa nas Festas do Cristo e coa axenda chea para toda a fin de semana, que inclúe as Festa dos Callos o domingo. Por este motivo, a Concellería de Turismo acordou aprazar a celebración de hoxe do Día Internacional do Turismo para o sábado día 5, coincidindo co Día do Peregrino.


Vanessa Ucha, concelleira de Turismo, reflexiona: “Hoxe, no Día Internacional do Turismo, quero destacar a enorme importancia que ten o turismo, e en especial o turista internacional que percorre o Camiño de Santiago e fai unha parada no noso querido concello do Porriño. Estes visitantes non só camiñan polas nosas rúas, senón que levan consigo un anaquiño da nosa historia, cultura e patrimonio, deixando á súa vez pegada na nosa vila”.


A localización estratéxica do Porriño no Camiño de Santiago Portugués, fai que desde xaneiro teñan pasado pola vila do Louro 76.334 peregrinos, a tan só 13 mil dos que pasaron en todo o 2023.


“Este ano, ademais, é especialmente significativo para nós”, continúa Ucha, “celebramos os 150 anos do nacemento do noso ilustre arquitecto Antonio Palacios, cuxo legado perdura na
esencia mesma do Porriño. A súa obra mestra, o noso emblemático Concello, celebra o seu centenario, e é un símbolo da identidade e beleza da nosa localidade. Sentímonos orgullosos de que os peregrinos e turistas de todo o mundo poidan contemplar e gozar deste magnífico patrimonio”.

A homenaxe dos peregrinos no Porriño
Como cada ano, polo Día do Peregrino, O Porriño fai unha serie de actos para homenaxear a todos eses turistas, nacionais e internacionais, que pasan cada día polas rúas da vila gozando das ofertas gastronómica e cultural do Porriño e mercando nos seus comercios. Haberá música, animación infantil, xogos e obradoiros durante ao longo da xornada.


“A todos os que nos visitan, dámoslles a benvida e agradecémoslles por levar consigo a
lembranza do Porriño, axudando a proxectar a nosa historia e o noso patrimonio máis alá das nosas fronteiras”, conclúe a edil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS