viernes, diciembre 6, 2024
InicioNewsComarcasA rede de saneamento de Ribadetea logra avances na súa primeira fase

A rede de saneamento de Ribadetea logra avances na súa primeira fase

O BNG logra o apoio unánime da Corporación para levar a cabo estas medidas, licitar a segunda fase e redactar os proxectos das fases pendentes

A primeira fase das obras da rede de saneamento de Ribadetea contemplan o seu inicio. O BNG logrou a unanimidade do Pleno de Ponteareas para instar á Xunta a adxudicar de inmediato o contrato para o comenzo as obras. Ademais, se aprobou licitar a segunda fase e redactar os proxectos das fases pendentes.

A concelleira Cristina Fernández puxo en valor os avances logrados durante o goberno liderado polo BNG, e destacou a contratación con fondos propios do proxecto da segunda fase. Así mesmo, lembrou que, grazas ao acordo acadado no pasado mandato entre Concello, Xunta e Estado, a obra de ampliación da Depuradora da Moscadeira xa está na súa fase final. Tras un investimento millonario, estará a punto polo que xa poderán conectarse as redes pendentes de execución.

“É o momento de adxudicar dunha vez as obras da primeira fase, que xa foron sacadas a concurso público en febreiro, sacar a concurso a execución do proxecto da segunda fase e elaborar os proxectos das fases restantes para completar a rede de saneamento de Ribadetea”, propuxo a concelleira do BNG, obtendo o apoio de todos os grupos políticos da Corporación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS