domingo, octubre 6, 2024
InicioConcellos +A CañizaA piscina climatizada da Cañiza inicia o curso o vindeiro 1 de...

A piscina climatizada da Cañiza inicia o curso o vindeiro 1 de outubro

O Alcalde anunciou esta mañá que se actualizan os prezos da piscina climatizada e do ximnasio municipal

A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 20 de setembro aprobou a actualización de prezos para esta nova tempada, tomando como referencia a subida de costes e do IPC de 2023,  quedando fixado un incremento dun 3,1% para a piscina climatizada e un 19,4% para o ximnasio municipal. Esta actualización suporá un pequeno incremento respecto do ano pasado e no caso do ximnasio queda xustificada por estar conxeladas as regularizacións dende a posta en marcha do servizo (2011).

Tamén quedaron simplificadas as tarifas vixentes ata o de agora no ximnasio. Ademáis validáronse os horarios dos cursos que se desenvolverán no complexo deportivo.

O prazo de formalización de matrículas para esta nova tempada xa está aberto polo que todos os interesados poden solicitar información ou inscribirse na recepción da piscina que permanecerá aberta en horario de mañá e de tarde.

Despois de desenvolverse os traballos de mantemento propios do inicio da nova tempada, esta semana comeza a encherse a piscina e a prepararse a instalación para a súa apertura o vindeiro martes 1 de outubro.

Balance económico do servizo deportivo piscina – ximnasio 2023-2024

Coa reforma desenvolvida na instalación, o Concello conseguiu rebaixar os consumos enerxéticos nun 50%. Tomando como referencia o último ano en que permaneceu aberto o complexo deportivo, o ano 2019, nesta anualidade o consumos eléctricos sumaron un total anual de 60.480,79€, mentres que na última tempada computada dende outubro de 2023 a setembro de 2024 a factura anual da luz foi de 37.139,32€ (é necesario ter en conta que dende 2019 a luz tamén experimentou unha forte subida). Ademáis conseguiuse aumentar os ingresos pasando de 99.022,40€ no ano 2019 a 161.250,52€ na tempada pasada.

O balance económico reporta unha suma de gastos de 269.403,45€, correspondendo 134.630.41€ aos costes de salarios e Seguridade Social do persoal, o 50% dos gastos totais.

Con todo, segundo reflicten os balances desta última tempada en comparación coa de 2019, conseguiuse baixar os costes nun total de 77.887,41€, tendo en conta ademáis a subida do IPC nestes 5 últimos anos (14,1%).

A reforma enerxética da piscina climatizada, rematada en marzo de 2023,  permitiu  adaptar a instalación ás novas realidades, baixar os consumos e prezos enerxéticos e optimizar e facer sostible o servizo, de forma que se poida garantir o seu futuro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS