sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeOia continúa traballando nas labores de limpeza para a prevención de incendios

Oia continúa traballando nas labores de limpeza para a prevención de incendios

Para a realización dos traballos contan cunha subvención de 1.600 euros

O Concello de Oia está a realizar diversas labores de limpeza en vías e camiños de titularidade municipal como parte das actuacións que, ao longo do ano, se desenvolven en materia de prevención de incendios forestais.

As actuacións contan cunha subvención de 1.600 euros da Consellería de Medio Rural para accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2024, ademais dunha achega municipal.

A través desta subvención, realizaron traballos de limpeza con tractor na estrada Bonaval -Vilachán do Monte, estrada A Portela – Aldea, estrada de Mavia – Loureza e a estrada Galgueiro e Camiño das Chans ata a EP-2202 Baiona-Loureza.

Estes traballos de prevención enmárcanse dentro da submedida 8.3 “Axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes” do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020, polo que están cofinanciadas polo FEADER nun 75%, pola Administración Xeral do Estado nun 7,5% e pola Xunta nun 17,5%.

Por outra banda, a través do convenio para accións de defensa e prevención de incendios asinado entre o Concello de Oia e a Xunta, tamén se está a financiar cun importe de 15.000 euros a contratación de tres condutores motobomba durante un trimestre.

Estes encargaranse da posta en funcionamento do vehículo durante a tempada de incendios. A alcaldesa, Cristina Correa, destacou «a importancia de contar cun vehículo motobomba que permita chegar aos incendios o antes posible, sendo determinante a inmediatez nas actuacións de extinción para evitar desastres maiores».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS