sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeAs Neves instalará aerotermia sostible en edificios municipais coa axuda da Deputación

As Neves instalará aerotermia sostible en edificios municipais coa axuda da Deputación

O proxecto, que ten un orzamento total de 65.000 euros, conta cunha axuda de 55.000 euros do programa DUS5000. Completan o financiamento a Deputación cunha achega de 5.000 € e o Concello das Neves con 4.500 €

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe destinar 5.000 euros a completar o orzamento do proxecto de aerotermia que se desenvolverá no Concello das Neves. A iniciativa ten un orzamento próximo aos 65.000 € e conta cunha axuda de 55.000 € do programa DUS5000
do Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE). O Concello das Neves achega 4.500 € e a Deputación completa o investimento con eses 5.000 €. “Seguimos desta maneira dando pasos cara adiante na nosa aposta polo medio ambiente, por implantar medidas de aforro enerxético e por favorecer o emprego de fontes de enerxía renovables que contribúan ao desenvolvemento económico local”, asegurou o presidente provincial, Luis López.


O obxectivo destas obras é realizar as instalacións de aproveitamento da enerxía aerotérmica na Casa do Concello e no Centro Cultural das Neves, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento de proxectos que reduzan as emisións de CO2. En concreto, a instalación consistirá nunha unidade exterior común, tamén con sistema de caudal de refrixerante variable, cunha potencia calorífica de 63 kW e frigorífica de 56 kW, que permitirá unha redución das emisións do 55% na Casa do Concello e do 56% no Centro Cultural.


Pasarase, así, de 32,9 a 14,8 kg de CO2 por metro cadrado ao ano, no primeiro caso, e de 36,1 a 15,7, no segundo, e da cualificación enerxética C a A.


Ademais da realización de instalacións de aproveitamento da enerxía aerotérmica na Casa do Concello e no Centro Cultural das Neves, tamén está previsto realizar unha reforma das instalacións hidráulicas e eléctricas existentes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS