martes, diciembre 3, 2024
InicioO PaísA CoruñaO Centro Xove de Creación Cultural acollerá a xornada "Mover os Maroos"

O Centro Xove de Creación Cultural acollerá a xornada «Mover os Maroos»

Esta iniciativa celebrada en Santiago de Compostela trátase dun encontro no que a xente nova debaterá sobre temas cruciais como as relacións sociais, a saúde mental, o medioambiente, o deporte, o rural, a literatura ou a tecnoloxía

O vindeiro 5 de outubro de 2024, o Centro Xove de Creación Cultural de Santiago de Compostela acollerá a xornada «Mover os Maroos» organizada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Santiago e xestionada por Culturactiva S. Coop. Así o anunciaron esta mañá a deputada de cultura, Natividade González e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, nun acto no que tamén estiveron representantes de Culturactiva e algúns dos participantes no programa.

O título, «Mover os marcos», reflicte a súa esencia: un encontro no que a xente nova debaterá sobre temas cruciais como as relacións sociais, a saúde mental, o medioambiente, o deporte, o rural, a literatura ou a tecnoloxía. O evento propiciará espazos de conversa, con aforos reducidos que faciliten a participación do público, da man de nomes como Laura Veiga, Paula Vilaboy, todomal.gal, Aranxa Vicens, Leti da taberna, Pradorua, Agareso, Priscila Retamozo, Iván Iglesias, Nuria Vil, Marisol Arias, Tania Sánchez, Bruno Arias, Galiza no Pixel, Olaxonmario, Afra Torrado, Lixo Atelier, A Casa das formigas, A Talangreira do Beque, Exército Mekemeke e ‘Xeración Alfa’ ou Sergio Marey.

Como preludio a este encontro, o 3 de outubro de 2024, a Sala Capitol de Santiago acollerá unha xornada previa coas actuacións de Alana e Momboi. As entradas para ambos eventos serán de balde e están dispoñibles a través da plataforma Eventbrite.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS