sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeChega ao Concello de Ponteareas a iniciativa "Enredando Tour 2024" de Cruz...

Chega ao Concello de Ponteareas a iniciativa «Enredando Tour 2024» de Cruz Vermella

Terá lugar este venres, entre as 10:00 e as 14:00 horas, na Praza Maior

A iniciativa de Cruz Vermella “Enredando Tour 2024” chega ao Concello de Ponteareas tras percorrer as provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

Así, este venres 20 de setembro, entre as 10:00 e as 14:00 horas, na Praza Maior a Cruz Vermella levará a cabo diferentes obradoiros dirixidos a persoas maiores de 55 anos co obxectivo de reducir a fenda dixital e proporcionar ferramentas para o uso das tecnoloxías.

Esta iniciativa ten como obxectivo, en primeiro lugar, que as persoas maiores non queden fóra do mundo dixital e gocen de todas as súas vantaxes e, en segundo lugar, que o feito de vivir en pobos ou zonas rurais non supoña unha desvantaxe para elas.

Para o desenrolo da actividades contarase cunha furgoneta equipada con todos os dispositivos necesarios (portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes…) e haberá un espazo formativo para favorecer a participación das persoas maiores que viven nela.

Os obradoiros serán impartidos por persoal especializado e voluntariado de Cruz Vermella e neles ofreceranse contidos formativos que faciliten o achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá. Ademais, nesta edición incorporáronse novos contidos para que os maiores tamén se familiaricen con aplicacións que empregan intelixencia artificial e con conceptos como a realidade inmersiva (para o que poderán probar lentes de realidade virtual).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS