sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasA CIG recorre o prego de condicións do concurso de licitación do...

A CIG recorre o prego de condicións do concurso de licitación do SAF das Neves

A Confederación Intersindical Galega denuncia que non se garante o cumprimento da normativa laboral

A CIG vén de presentar un recurso diante do Tribunal Administrativo de Contratación Pública (Tacgal) contra o prego de condicións do concurso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello das Neves xa que non se garante o cumprimento da normativa laboral vixente en canto aos dereitos das persoas traballadoras.

No seu escrito a central sindical reclama o cumprimento da lei de procedemento administrativo por parte do Concello das Neves “e se engada ao expediente a información correcta, garante das condicións das traballadoras, xa que os textos publicados están incompletos”.

Desde a CIG lembran que dende o mes de agosto as traballadoras desenvolveron diversas mobilizacións e catro xornadas de paros para demandarlle ao alcalde que cumpra co seu compromiso de revisión do prezo do servizo, permitindo a actualización salarial segundo convenio mentres non hai un novo contrato. “As traballadoras van continuar coas súas reivindicacións até que os responsables municipais muden a súa posición e cumpran os acordos, por iso o pasado 13 de setembro decidiron convocar paros totais todos os venres, e folga indefinida a partir do 27 de setembro”, afirman desde a CIG.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS