domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsActualidadeO Porriño retoma as andainas saudables para maiores

O Porriño retoma as andainas saudables para maiores

Serán todos os mércores e venres, ás 10:30h, e irán acompañados por persoal médico do Centro de saúde

Tras o parón estival, a concellería de Sanidade do Concello de Porriño, en colaboración co Centro de Saúde, retoma as andainas saudables dirixidas a persoas maiores de 65 anos. Esta actividade, que tivo un gran éxito desde o seu inicio, volve co obxectivo de fomentar a actividade física e o envellecemento activo, ao mesmo tempo que contribúe a combatir o illamento social que afecta a moitos dos nosos maiores.


As andainas saudables son unha excelente oportunidade para que os participantes se manteñan activos e socialicen, evitando así o sedentarismo. Durante o paseo, estarán acompañados en todo momento por persoal médico, garantindo así o seu benestar e seguridade.


Serán como sempre todos os mércores e venres ás 10:30 h e arrancarán no mes de outubro.


Para participar é necesario inscribirse no rexistro do Concello do Porriño indicando as quendas ás que se quere acudir.


“Convidamos a todos os maiores a unirse a esta iniciativa que non só promove a saúde, senón que tamén crea un espazo de encontro e camaradería”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Sigamos camiñando xuntos cara un envellecemento saudable!”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS