domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsActualidadeAs pistas de tenis da Freixa contarán con dous novos vestiarios

As pistas de tenis da Freixa contarán con dous novos vestiarios

Concello e Xunta asinaron un convenio para a sua realización. O proxecto estará listo en aproximadamente dous meses e conta cun orzamento de preto de 60.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as obras de instalación de dous vestiarios nas pistas de tenis da Freixa, no concello de Ponteareas.


Esta actuación, que é posible grazas a un convenio entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte, responde a unha demanda dos centos de xogadores que cada mes se achegan a este complexo para practicar deporte. Cabe destacar que Ponteareas conta ademais cun dos clubs de tenis máis numerosos de Galicia e unha gran afección popular por este deporte.


Neste sentido, a obra, que estará rematada en aproximadamente dous meses, conta cun orzamento de case 60.000 euros, dos cales a Xunta cubre o 80%.


O delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor o traballo que se está a levar a cabo en Ponteareas en “todo o referente ao fomento do deporte e moi especialmente do deporte base”. Neste sentido, Reguera celebrou que “dentro de moi pouco os tenistas que se acheguen a Ponteareas contarán con dous novos vestiarios que farán a súa experiencia moito máis cómoda».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS