sábado, diciembre 7, 2024
InicioO PaísA CoruñaMulleres con discapacidade intelectual reúnense pola sororidade e o autocoidado

Mulleres con discapacidade intelectual reúnense pola sororidade e o autocoidado

27 mulleres chegadas de 7 entidades galegas e da propia federación organizadora, FADEMGA Plena inclusión Galicia, participarán no próximo encontro entre os días 16 e 18 de setembro

O aloxamento rural O Abeiro da Loba, situado en Madelos, acolle entre os días 16 e 18 de setembro unha nova edición do “Encontro anual de mulleres con discapacidade intelectual”. Este evento está formado por unhas xornadas chamadas a afianzar lazos entre mulleres do movemento asociativo ao tempo que se oferta un espazo de libre expresión e intercambio de experiencias.

Nesta ocasión, 27 mulleres chegadas de 7 entidades galegas e da propia federación, participarán no encontro que xirará en torno ao autocoidado e á sororidade entre mulleres, todo elo a través de actividades vinculadas ao arte e á creatividade.

O encontro anual de mulleres é unha cita asentada no calendario de actividades de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Un espazo que naceu co fin de promover o empoderamento e autonomía das mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ofrecerlles unha canle para compartir experiencias, expoñer as súas reivindicacións e formarse sobre temas que tradicionalmente adoitaban estar invisibilizados, como a sexualidade feminina ou a prevención do abuso.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS