viernes, diciembre 6, 2024
InicioNewsComarcasSalceda de Caselas celebra a súa Andaina Nocturna de Castro Barreiro

Salceda de Caselas celebra a súa Andaina Nocturna de Castro Barreiro

A actividade comezará ás 20.30 horas do sábado 21 de setembro cun percorrido de 8 quilómetros e terá diversas probas que deberán superar os participantes

O sábado da próxima semana, 21 de setembro, celébrase unha nova edición da andaina nocturna que leva a cabo en Castro Barreiro, municipio de Salceda de Caselas, a partir das 20.30 horas. O percorrido está composto por 8 quilómetros e ten diversas probas que deberán superar os participantes en grupos de entre 6 e 12 persoas. Ao finalizar a andaina, os integrantes poderán gozar de chocolatada e os gañadores terán como premio un xamón.

As persoas que participen nesta andaina nocturna poderán descubrir o que esconde o barrio de Castro Barreiro cando o sol comeza a dar paso á escuridade. Esta actividade foi organizada pola asociación Nós somos Nós, pertencente a un dos barrios que protagonizan o famoso enfrontamento de Entroido.

Ao longo de 8 quilómetros, as persoas que participen nesta actividade penetraranse por diferentes zonas do barrio, incluíndo a natureza que o rodea, e terán que superar probas de enxeño e físicas para seguir avanzado ata a meta. Segundo explican desde a organización, trátase dunhas probas que están destinadas a un público xeral para que poidan participar todos e é necesario levar chaleco e linterna.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS