lunes, octubre 14, 2024
InicioO PaísLugoA maxistrada Olalla Díaz Sánchez é reelixida xuíza decana de Lugo

A maxistrada Olalla Díaz Sánchez é reelixida xuíza decana de Lugo

A actual xuíza decana afronta o seu segundo mandato co obxectivo de mellorar a accesibilidade e seguridade do edificio xudicial e de conseguir un incremento da planta xudicial

A actual xuíza decana de Lugo, Olalla Díaz Sánchez, foi elixida de novo para o cargo, por unanimidade, na Xunta Xeral de Xuíces celebrada hoxe. A maxistrada, que foi a única candidata, afronta o seu segundo mandato co propósito de “seguir representado, da mellor forma posible,” aos seus compañeiros e compañeiras, “velando polos seus dereitos e intereses profesionais”.

Entre os seus obxectivos para este segundo mandato indicou que se atopan a mellora da accesibilidade e da seguridade do edificio xudicial, así como a implementación da figura do Facilitador, prevista para apoiar ás persoas con discapacidade intelectual e ás persoas maiores durante procesos xudiciais. Conseguir un incremento da planta xudicial é outra das súas aspiracións, entre as que destaca a creación dun xulgado exclusivo de Violencia sobre a Muller.

Olalla Díaz Sánchez ingresou na carreira xudicial en 2010, pasando a desempeñar o seu primeiro destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño. Por concurso de xuíces, accedeu ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, destino no que promocionou á categoría de maxistrada en 2018 e no que permanece na actualidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS