Un traballador resultou ferido grave tras precipitarse cando se atopaba na cuberta dunha nave, desde unha altura de 9 metros, en Salvaterra de Miño. Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 12:10 horas cando o operario, de 56 anos, estaba a colocar un canlón. Foi un particular o que informou da caída e pedía asistencia sanitaria urxente.
Aínda que o 061 comunicou a mobilización do helicóptero con base en Ourense, o ferido foi trasladado finalmente en ambulancia de soporte vital básico medicalizada con persoal de Atención Primaria ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Ademais do persoal de Urxencias Sanitarias, no operativo aparticiparon efectivos da Garda Civil e de Policía Local de Salvaterra de Miño.