domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsComarcasMedio rural proba en Ponteareas a eficiencia dos seus métodos

Medio rural proba en Ponteareas a eficiencia dos seus métodos

O incendio forestal rexistrado no concello de Ponteareas, parroquia de Paredes, quedou controlado ás 11.30 horas, según informou a Consellería do Medio Rural

O incendio forestal rexistrado no concello de Ponteareas, parroquia de Paredes, quedou controlado ás 11.30 horas, según informou a Consellería do Medio Rural. A gran columna de fume divisouse en toda a comarca e o incendio chegou a ter unha fronte de case un quilómetro. Segundo explicaron fontes do Concello de Ponteareas, o lume foi detectado onte ás 19:00 horas. Acudiron medios de Medio Rural e Concello de Ponteareas. Dúas horas despois, o lume estaba “preto de vivendas, pero controlado”, indicaron as mesmas fontes. Os bombeiros de Ponteareas continuaron traballando de madrugada ata que ás 02:37 horas o foco quedou estabilizado despois de calcinar unhas 40 hectáreas de terreo, explican desde a Xunta.

Outro incendio puxo en xaque aos veciños de dous barrios de Salceda de Caselas onte, que loitaron con todos os seus medios para evitar que as chamas avanzasen polo monte e terminasen chegando ás súas casas. Algúns das testemuñas aseguran que o lume estivo a uns 50 metros das vivendas pero evitouse que puidese achegarse máis. Ás 22:00 horas considerábase controlado. Os medios da Xunta (dous hidroavións, dous helicópteros e un retén de efectivos contra incendios) parecían non ser suficientes, polo que se uniron voluntarios de Protección Civil e a propia veciñanza, con moitos nervios #ante a posibilidade de que as chamas avanzasen ata as vivendas, aínda que en ningún momento foi necesario decretar o nivel 1, que determina o desaloxo.

O incendio iniciouse ao redor das 19:00 horas segundo testemuñas presenciais, crese que na parroquia de Cabreira (Salvaterra) e avanzou ata os montes de Entenza chegando en primeiro momento ao barrio de Cotello e despois a Castelo. A forte calor da tarde fixo que as chamas se propagasen con rapidez e o fume estendeuse rapidamente polas pistas e zonas habitadas convertendo o aire en non respirable. Os medios actuaron con bastante rapidez e nas proximidades da zonas habitadas extinguiuse rapidamente, segundo informan veciños, aínda co temor de que as condicións cambiasen e durante a noite producísense novas complicacións. Á zona tamén se desprazaron o concelleiro de Medio Ambiente, Marcos Troncoso, e a alcaldesa, Loli Castiñeira, que mostrou a súa preocupación porque as chamas puidesen afectar as vivendas.

Ás 16.30 horas de hoxe declarouse incendio forestal en Salceda de Caselas, na porroquia de A Picoña (San Martiño). A Deputación de Pontevedra informa que este incidente só afectou a campos abandonados e viñas, onde se veron afectadas silvas, herbas secas e fentos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS