jueves, julio 18, 2024
InicioNewsActualidadeTriple victoria para o UD Mos Feminino

Triple victoria para o UD Mos Feminino

As abellas mosenses demostran que son a mellor opción para integrar ‘As Celtas’

O Concello de Mos organizoulles esta tarde ás xogadoras da Unión Deportiva Mos Feminino
unha recepción con motivo das tres flamantes victorias acadadas esta fin de semana. Por unha banda os equipos das categorías Infantil e Cadete erixíronse campións galegos e por outra o equipo filial B ascendeu á liga 1ª Autonómica.


As futbolistas foron recibidas no Multiusos das Pozas pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, o tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, e demais membros do equipo de goberno local e Corporación Municipal.

Unha fin de semana intensa para o fútbol feminino mosense

O pasado sábado 15 de xuño a UD Mos Feminino proclamouse campión galego infantil e campión galego cadete. Foi no campo de As Corticeiras en Caldas de Reis.


Así, o club proclamouse campión feminino por partida triple, xa que tras proclamarse campioas galegas nas categorías infantil e cadetes, as abellas do UD Mos Feminino B tamén lograron onte pola tarde o ascenso á primeira liga Galega nun disputado encontro contra o SR Calo de Santiago.


Na categoría infantil o Mos impúxose ao Victoria da Coruña por 1-2. E en cadetes, o Mos derrotou ao Orzán 0-1 grazas a un solitario tanto de Claudia, nunha acción a balón parado, xa na recta final.


Durante o acto de recepción, e celebración dos títulos acadados polas xogadoras, a rexedora local, Nidia Arévalo, destacou “a noraboa ao presidente do club, Pablo Serodio, e ao director deportivo, Cristian Taibo, polo gran labor e entrega de tantos anos que, queda claro, dan os seus froitos”, dixo, e tamén felicitou aos adestradores “das infantís, Romario, das cadetes, Chuvi, e do Mos B, Andrés; pola gran tarefa desenvolvida con estas rapazas, tanto deportiva como didáctica, educativa e de fomento de valores sociais, de convivencia, compañeirismo e competitividade sá”. E rematou Arévalo con palabras para as grandes protagonistas, as xogadoras, “as nosas abellas que veñen de demostrar sobradamente que son a mellor opción para integrar o Celta Feminino ‘As Celtas’ con este gran traballo deportivo realizado” e tamén para as súas familias “polo esforzo que supón de traslados a adestramentos e partidos… pola incondicionalidade para que as xoves futbolistas fagan realidade o seu soño e desenvolvan as súas habilidades deportivas… Gracias de corazón”, rematou.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES