sábado, julio 27, 2024
InicioNewsComarcasA Vía Mariana presentarase en FITUR 2025

A Vía Mariana presentarase en FITUR 2025

A deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, mantivo unha xuntanza con alcaldes e concelleiros dos municipios da provincia polos que descorre a Vía Mariana, unha ruta de 380 quilómetros que une os santuarios de devoción mariana desde Braga (Portugal) ata Muxía.

Na xuntanza, unha primeira “toma de contacto” para buscar vías de colaboración para impulsar este percorrido na que tamén participou o alcalde de Cerdedo-Cotobade e deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, así como membros da Asociación Vía Mariana Luso-Galaica, Nava Castro comprometeuse a presentar este camiño en FITUR 2025.

Escoita as declaracións feitas durante o acto de presentación:

En Pontevedra, a Vía Marina pasa polos concellos da Cañiza, A Lama, Arbo, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Mondariz, Moraña, Ponte Caldelas, Pontecesures e Valga, sumando na provincia preto de 140 dos seus 380 quilómetros e sete das súas 18 rutas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES