sábado, julio 27, 2024
InicioConcellos +ArboArbo celebra as vodas de ouro para matrimonios de máis de 50...

Arbo celebra as vodas de ouro para matrimonios de máis de 50 anos de casados

O evento terá lugar o 3 de agosto, e servirá para que o Concello renda homenaxe ás parellas do municipio que pasaron polo altar hai 50 anos

Un ano máis o Concello de Arbo, homenaxea a todos aqueles matrimonios que durante este ano cumpren o compriron os 50 anos de casados, entre ó 31 de xullo de 2023 ata ó 31 de xullo de 2024.

«Trátase dunha cerimonia simbólica que servirá para celebrar, en compañía das súas familias e de todos os veciños e veciñas, os 50 anos de casados de forma moi emotiva» informa o alcalde, Horacio Gil.

Os homenaxeados poderanse anotar nas oficinas municipais do Concello de Arbo, para o evento que se celebrará o vindeiro 3 de agosto. Tamén se poderán anotar todas aquelas parellas que o ano anterior non poideron participar.

A data limite para anotarse será ata o vindeiro 20 de xullo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES