sábado, julio 27, 2024
InicioActualidadeEducaciónDous colexios do Ribeiro gañan o concurso de recollida de pilas

Dous colexios do Ribeiro gañan o concurso de recollida de pilas

Na quinta edición deste certamen, posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en colaboración cos xestores de pilas autorizados na Comunidade —Ecopilas, ERP e Ecolec-, participaron uns 32.000 alumnos dun total de 150 centros de educación primaria e secundaria de toda Galicia. Este ano pechou coa recollida de 40.304 quilogramos de pilas, acumuladores e baterías usadas, un dos residuos máis contaminantes que se xeran nos fogares.

Dese total, o CEIP Carmen García Castro de Cenlle levou o primeiro posto en termos absolutos, ao recoller preto de 2,3 toneladas de pilas na súas instalacións —en concreto, 2.291 kg—. Pola súa banda, o Colexio Plurilingüe Divina Pastora M.M. Franciscanas, de Ourense, foi segundo, con 2.183,44 quilos recollidos.

No que atinxe á categoría do premio que ten por obxectivo recoñecer o traballo dos centros coas mellores ratios de recollida por alumno, o gañador foi o CRA Amencer de Ribadavia, con 47,41 quilogramos por estudante. O CEIP Roberto Blanco Torres da Peroxa recibirá o segundo premio logo de recoller 25,59 kg por alumno.

Os catro centros recibirán un premio económico que deberán destinar á compra de material escolar ou deportivo. Concretamente, os primeiros premios de ambas categorías están dotados con 2.500 euros cada un, mentres que os centros que quedaron en segunda posición levarán como recompensa 1.250 euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES