domingo, junio 16, 2024
InicioNewsActualidadeO programa 'Xuntas' entre Salvaterra, Salceda e As Neves consolídase como un...

O programa ‘Xuntas’ entre Salvaterra, Salceda e As Neves consolídase como un referente de igualdade

O Programa celebra este ano a terceira edición e está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Arranca a terceira edición do programa ‘Xuntas’ dirixido ás mulleres de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves con 200 horas de actividades, formación e asesoramento especializado e individualizado para todas as participantes.


O Programa execútase mediante o sistema de xestión compartida no que haberá unha Escola de Benestar e Saúde na que se traballará a saúde mental e física, o benestar a través de ioga, pilates, mindfullnes ou alimentación saudable.


O Servizo de Asesoramento Xurídico, Psicolóxico e Laboral será gratuíto, presencial e a demanda, aínda que se establecerán unhas horas fixas todos os martes en horario de mañá nos tres concellos.


As accións de empoderamento pivotarán en cafés debate coas participantes sobre as mulleres na historia, o cine, a música e as artes. Tamén se abordará o papel das mulleres no deporte, accións para falar en público, deseñar plans de aforro, usar as redes sociais e, por suposto, para abordar situacións de violencia de xénero. Completan o ‘Programa Xuntas’ os obradoiros de emprego, intervencións creativas a través do teatro e sensibilización sobre o impacto de xénero no cambio climático e na sostenibilidade.


No programa traballarán 9 profesionais e prevese unha participación de 70 mulleres. A actuación é un exemplo de colaboración e cooperación local para ampliar servizos que cristalizan no reforzo das políticas públicas de igualdade e de prevención da violencia de xénero, optimizando os servizos dos tres Concellos e mellorando a atención ás usuarias.


Ademais de material de difusión do programa a través de cartaces, dípticos e RRSS municipais, está habilitado un teléfono/WhatsApp para atender a todas as persoas que queiran informarse e participar, o 685211882, ademais de que as persoas interesadas poden dirixirse ás Concellarías de Igualdade dos tres Concellos.


Todas as actividades e asesoramentos serán de balde e desenvolveranse equitativamente nos tres Concellos. As e os responsables municipais quixeron sinalar que “conseguimos consolidar e ser referencia en políticas de igualdade a través do traballo conxunto que trae resultados moi positivos para as mulleres de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES