domingo, junio 16, 2024
InicioO PaísOurenseO centro de Ourense convértese nunha pasarela de moda

O centro de Ourense convértese nunha pasarela de moda

Celébrase este venres, 24 de maio, a partir das 19.30 horas na rúa Paseo, a segunda edición da Pasarela Ourense Centro

Un desfile de moda e complementos organizado pola asociación Centro Comercial Aberto Ourense Centro, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o INORDE e que colabora a Deputación Provincial de Ourense.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Pasarela Ourense Centro, onde destacou que o comercio é fundamental no crecemento económico e social de Galicia.

O delegado territorial explicou que “estamos a deseñar, da man do sector, o futuro plan estratéxico para o comercio, coa implicación das principais entidades”; e manifestou que “traballamos na elaboración dun Mapa do Comercio de Galicia, que contemplará a todo o sector comercial integrado dentro das asociacións, cun buscador por tipoloxía de establecemento, xeolocalización e información detallada para potenciais clientes”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES