lunes, junio 3, 2024
InicioO PaísOurenseO alcalde de Ourense non volverá convocar a oposición a ningunha xunta...

O alcalde de Ourense non volverá convocar a oposición a ningunha xunta de portavoces

Adopta esta decisión logo de que os grupos políticos non se pronunciaran sobre a ORA e o COB

Gonzalo Pérez Jácome, non volverá convocar a oposición a ningunha xunta de portavoces no que resta de mandato. O rexedor adoptou esta decisión logo de que, na xuntanza mantida esta mañá, os grupos municipais de BNG, PSdeG_PSOE e BNG non se pronunciaran sobre as propostas que lles trasladara a semana pasada de eliminar a ORA e valorar a posible entrada de novos accionistas no Club Ourense Baloncesto.

O alcalde considera que os grupos políticos “o que fixeron foi marear a perdiz, non pronunciarse en ningún sentido apelando a que necesitan máis informes, facer reunións entre partes, agardar a que se celebre o xuízo pola demanda do Grupo Hereda (accionista do COB), que se formulen alternativas á ORA,… Mareaban a perdiz con escusas interminables”, concluíu Pérez Jácome, quen advirte tamén que estas argumentacións “non teñen sentido xa que se as propostas van a pleno, terán que posicionarse e votar a favor ou en contra”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES