lunes, mayo 20, 2024
InicioO PaísPontevedra17 anos de cárcere para un home acusado de agresión sexual sobre a...

17 anos de cárcere para un home acusado de agresión sexual sobre a filla da súa exmuller

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condena a un home a dezasete anos de cárcere por cometer un delito continuado de agresión sexual sobre a filla da súa exmuller, menor de idade no momento dos feitos, e dun delito de lesións.

Tamén se lle impón a prohibición de aproximarse a menos de 100 metros da vítima, así como do seu domicilio, lugar de estudos ou traballo e de comunicarse con ela.

Os episodios de agresión sexual, tal e como se indican na resolución, comezaron cando a vítima tiña oito anos e convivía toda a familia baixo o mesmo teito -a denunciante, a súa nai, o acusado e os tres fillos fruto do matrimonio- e perpetuáronse no tempo ata que a recorrente abandonou o domicilio ao alcanzar a maoría de idade. O encausado «acudía polas noites de forma constante e habitual a habitación da menor” e “realizaba actos de contido sexual guiado polo ánimo de atentar contra o desenvolvemento e liberdade sexuais dela, e sen o seu consentimento».

Segundo recolle a sentenza, a declaración da vítima sostense cos informes realizados polas psicólogas, xa que corroboran «a realidade duns síntomas que por máis que se sobredimensionen, son reais e compatibles coa agresión sexual continuada que relatou”. En canto ás declaracións dos médicos forenses, “distinguiron con total claridade a lesión diagnosticada da secuela, afirmaron a realidade dos síntomas, estableceron a compatibilidade cunha agresión sexual continuada e despexaron calquera dúbida sobre a posibilidade de que a síndrome ansioso depresiva reactiva puidera deberse a outras causas”. Na resolución tamén se recollen outros «elementos obxectivos periféricos que corroboran a versión dos feitos dada pola recorrente», como a declaración da súa nai e a testifical da súa prima, que conviviu co acusado e o resto da familia durante unha tempada, e afirmou recibir naquel momento fotografías dos xenitais do agora condenado.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES