lunes, octubre 14, 2024
InicioActualidadeCulturaA Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia quenta motores

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia quenta motores

Este mércores tivo lugar a presentación da serie de tres carteis que conforman o tríptico co cal a MIT quere celebrar a súa 40ª edición, que terá lugar do 19 ao 27 de xullo

No tríptico da imaxe desta edición espello, reflíctese a fusión, a idea de linguaxes híbridas da escena a partir de fotografías realizadas por Rosiña Rojo, a fotógrafa oficial do festival, nestes últimos anos, con obras pictóricas de diferentes épocas artísticas depositadas en museos europeos, indican dende organización.
Patricia de Lorenzo, unha posta en escena de Marta Pazos ou unha escena de danza de La Macana conforman a escolma do deseño gráfico que procura reflectir a identidade do festival e as fusións.
«Fomos o primeiro festival en realizar coproducións, en fomentar o diálogo das compañías galegas nun contexto internacional, a diversidade de xéneros escénicos, as residencias e programación expandida…», indican. Todo iso pretende ser a imaxe, baixo o fondo patrimonial e artístico da vila do Ribeiro, con variada oferta de espectáculos na rúa, ademais do Castelo.

No acto, no cal participaron as autoridades do Concello de Ribadavia e unha das responsables do deseño, Ainhoa Viñuela, ademais do Director Artístico da MIT, púxose de manifesto a idea de potenciar todos os bos froitos que a MIT nos brindou ao longo destes anos. Tamén o seu carácter lúdico, festivo, de cruzamentos e aposta pola innovación a partir da súa tradición.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS