domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsO PaísO rei Filipe VI recibe a Rueda na Zarzuela

O rei Filipe VI recibe a Rueda na Zarzuela

«Benvido», así recibia o rei de España a Alfonso Rueda este 7 de maio no palacio da Zarzuela despois de que o presidente galego tomara posesión do seu cargo hai preto de tres semanas.

Este recibimento prodúcese por segunda vez despois de que o 1 de xullo de 2022, Filipe VI xa recibira a Rueda cando relevara a Alberto Núñez Feijóo tras a súa marcha para liderar o PP Nacional desde Madrid.

Rueda xa adiantara que lle transmitiría ao rei que Galicia se sente cómoda no marco constitucional, como así manifestaron os galegos e galegas coa súa maioría absoluta de 40 escanos o pasado 18 de febreiro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES