viernes, mayo 17, 2024
InicioEmpresaEmpresariadoO conselleiro de Emprego reúnese cos líderes sindicais de CCOO e CIG...

O conselleiro de Emprego reúnese cos líderes sindicais de CCOO e CIG en Galicia

Nas xuntanzas incidiu na importancia da colaboración público-privada e no diálogo para seguir impulsando a actividade económica

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, proseguiu hoxe co proceso de escoita activa iniciado o luns coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) con dúas reunións: coa secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, e co líder sindical da CIG, Paulo Carril. Esta rolda de contactos cos principais axentes sociais e económicos de Galicia continuará a vindeira semana co máximo representante de UXT, José Antonio Gómez.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, manterá un encontro co líder sindical da Confederación Intersindical Galega (CIG), Paulo Carril.
ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES