miércoles, mayo 1, 2024
InicioNewsComarcasCáritas organiza a súa primeira andaina solidaria da Louriña

Cáritas organiza a súa primeira andaina solidaria da Louriña

O grupo de Cáritas do arciprestazgo da Louriña organiza este sábado, 20 de abril, a súa  primeira “Andaina solidaria”, co obxectivo de recadar fondos para poder continuar desenvolvendo os prexentos que levan a cabo desde esta organización na bisbarra. A iniciativa conta coa colaboración dos concellos do Porriño, Mos e Salceda de Caselas, así como da Asociación de Hostaleiros do Porriño, Pan do Porriño e Dj Pitty.

Esta ruta, que ten un nivel medio de dificultade, comezará ás 17 horas na igrexa de Santa María do Porriño, continuará pola senda do Louro, Fonte do Cristo, Capela das Angustias, Malladoura e Aloques, rematando na Capela do Cristo, onde os e as participantes repoñerán forzas cunha chocolatada e roscas.

A inscrición ten un custe e 5 euros, para todas as persoas maiores de 14 anos – os menores desta idade participan gratis. Tamén se aceptan donativos a través do número de Bizum 08323, baixo o concepto “Andaina”. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ou solicitar máis información n o número de teléfono 662 455 815.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES